O CESGA participa no seminario interrexional "Desenvolvemento de One Stop Shop Business na rexión do Exeo Norte”, como socio participante no proxecto ICHNOS plus do programa europeo de capitalización INTERREG IVC.


Xuño 2010. No marco do proxecto ICHNOS plus do programa europeo de capitalización INTERREG IVC, ocios participantes no proxecto ICHNOS plus e representantes de distintas institucións gregas, participaron no seminario interrexional que tivo lugar os días 23 e 24 de xuño en Vathi, capital da illa grega de Samos.

Os participantes no seminario, ademais de socios europeos do proxecto, entre eles CESGA, foron representantes das Cámaras de comercio da Rexión do Exeo Norte (illas de Samos e Chios), autoridades locais, autoridades rexionais, así como axentes involucrados no apoio á actividade empresarial.

Na Rexión do Exeo Norte o desenvolvemento de unha rede de One Stop Shop Business, proporcionará toda unha serie de servizos integrados: información, apoio, formación e xestión ás empresas e mpresarios locais.

Obxectivo do seminario:

No seminario púxose de manifesto as diferenzas estruturais, organizativas e ambientais entre as distintas prefecturas (Lesbos, Chios e Samos) que conforman a Rexión do Exeo Norte.

Así mesmo expuxeronse as dificultades coas que se atopan os emprendedores á hora de iniciar a sua actividade na Rexión, como son elevados custes e gran número de trámites administrativos.

Coa creación de unha rede de OSS na Rexión simplificaranse os procedementos administrativos, os tempos de espera vanse reducir, e abaratarase o custe para dar de alta unha empresa.




Back
© 2008 www.ichnos-project.org         webadmin@ichnos-project.org