OBXECTIVOS
O proxecto ICHNOS PLUS (Innovation and CHange: Network of One-Stop Shops) (Innovación e Cambio: Rede de Puntos de Contacto Único) pretende seguir cos continuar cos resultados do proxecto ICHNOS, finalizado en Abril de 2007 baixo o Programa Interreg IIIC Sur e tivo coma produto final o modelo común de Centro de Competencias Rexional de Xanelas Únicas para as empresas.
O obxectivo principal de ICHNOS foi o de definir e experimentar un modelo común de Centro de Competencias Rexional de Xanelas Únicas para as empresas (RCC), coa finalidade de facilitar a comunicación e o apoio da Administración Pública ás mesmas. O proxecto ICHNOS fixo que o modelo desenvolvido poida ser transferido a outras rexións europeas.
Sendo un proxecto de capitalización, ICHNOS PLUS enfócase en transferir e implementar o anterior modelo de Centros e a súa cristalización en políticas rexionais a través dos programas operacionais de fondos FEDER. O modelo do Centro de Competencias foi concibido coma unha estrutura organizativa que coordina as distintas xanelas únicas. Aínda que a UE obriga o establecemento das Xanelas Únicas, mediante unha directiva con data límite, a maioría das rexións aínda non a implementaron.
Os obxectivos básicos de Iplus son os de optimizara implementación do modelo nas tres rexións que desenvolveron o proxecto ICHNOS e promocionar a transferencia e implementación diste modelo a outras rexións europeas.
Back







